La Gran Boda
O 29 de xullo de 2017 na Praza de María Pita da Coruña estreamos “La Gran Boda”, un espectáculo de teatro na rúa no que participaron 48 actores con e sen diversidade funcional, dos cales 11 eran actores profesionais, 25 eran actores afeccionados e 12 eran persoas que nunca realizaran un espectáculo teatral.
Había 20 persoas con discapacidade e 28 persoas sen discapacidade, o cal foi todo un éxito para nós xa que non se actuara antes en Coruña cun grupo tan numeroso de persoas (48) cun rango tan variado de idades (de 16 a 68 anos) sendo tan heteroxéneo.
Ademais dos actores tamén participaron 12 tunos da Tuna de Veteranos da Coruña e 4 cámaras que gravaron o espectáculo. Realizouse un vídeo documental dirixido por Gaspar Broullón, Premio Mestre Mateo ao Mellor Realizador de Galicia 2017 da produtora Ollovivo.