"En canto ao personaxe da Ama, convértenolo nun primor Victoria Teijeiro, que debe ser galega polo apelido, pero que interpreta unha Ama galega particular, irrepetible. E non se conforma con encher o escenario co encanto das súas intervencións, senón que nos agasalla quizais o momento teatral máis estremecedor e máis intenso de todo o Festival, aquel no que a Ama tenta espertar á súa Julieta e cre que morreu. Pón a un o pelo de punta a verdade que expresa neses poucos segundos."
“Crítica Teatral” (Romeo y Julieta dir. Will Keen)