Compañía de teatro en A Coruña

La Quintana Teatro nace da inquedanza de pararnos a observar o mundo e plasmar no teatro as realidades sociais máis escondidas.

Os seus intérpretes participan activamente na creación da historia.

A nosa metodoloxía

Abordamos temáticas sociais a partir dun proceso de investigación a pé de rúa.

A raíz das vivencias, realizamos a creación colectiva onde o movemento e a palabra únense as súas enerxías para abrir portas, conciencias, e poder chegar a ver a través doutros ollos. Os seus ollos.

Decidimos os nosos temas en función das realidades que nos atrapan co propósito de achegar ao público historias que merecen ser contadas. Vidas que merecen ser vividas.

A partir de entón achegámonos a esa realidade para poder coñecela e abordala desde diferentes perspectivas. Tras un traballo de mesa e un proceso de improvisación imos redactando o que acabará sendo a dramaturxia da obra.

Grupo de teatro
Compañía teatral

Os nosos inicios

La Quintana xorde do proxecto final de carreira da RESAD e dos autocursos da Escola de Mar Navarro.

Consolídase co seu primeiro espectáculo “Desde lo invisible” que fala do mundo da discapacidade intelectual e foi galardoado co Premio MAX ao espectáculo revelación 2008.

Desde entón temos estreado cinco espectáculos máis abordando temas como: a saúde mental, as drogodependencias, a muller ou a violencia de xénero.

A todos os que nos tedes acompañado, GRAZAS.

En La Quintana Teatro entendemos o teatro como un vehículo para contar historias.

Espectáculos

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.