Realizamos talleres e espectáculos teatrais para persoas con e sen discapacidade entendendo que o proceso creativo favorece a inclusión social.
Entendemos que todos temos diversidade funcional pois tod@s somos diferentes.
Calquera persoa interesada na arte dramática pode recibir unha formación independentemente das súas capacidades e/ou da súa experiencia.
É fundamental dar cabida á inclusión na arte e que estruturas municipais, privadas ou estatais alberguen a persoas diferentes. Que haxa Escolas Superiores de Arte Dramático que sexan realmente inclusivas, que estean abertas a todas e a todos.
É esencial que propostas como estas sexan levadas a cabo por profesionais do sector tanto no papel de directores ou directoras do proxecto como no papel de especialistas doutras disciplinas (escenografía, son, rexiduría, luces, maquillaxe…).